Como SERÍA
XESÚS NA ACTUALIDADE
Na
actualidade, Xesús sería un home honesto, que non ten que ver precisamente coa
relixión, é dicir, podería ser una persoa calquera, que traballa nunha ONG
tendo en conta que os seus compañeiros son os seus discípulos, porque el é o
presidente. Tería unha familia, e non sería excesivamente pobre. Tería 33 anos
e sería un home un pouco máis moderno. Iría a misa todos os domingos, a pesar
de que non sería sacerdote. Non sería tan famoso como naquela época, pero
tampouco tan odiado. Viviría tendo as necesidades e os caprichos dunha persoa
normal. A súa infancia estivo marcada pola morte dos seus país despois dun
terremoto. Viviría nunha modesta casa en Vigo.
A
continuació0n vou contarvos un par de versículos da Biblia tendo en conta este
modo de vida de Xesús:
Lc 19, 23-25:
Os
asasinos, despois de maltratar e acabar con Xesús repartiron as roupas que el recadou
en catro lotes, un para cada un. Pero había unha que era excesivamente cómoda,
sen usar, e moi cara, así que a sortearon e así se cumpriu o texto da escritura.
“Dividiron
entre eles as miñas vestimentas, e a miña cazadora de pel forrada a sortearon”
E
así fixeron os asasinos.
Mc 6, 45-52:
Xesús
mandou os seus compañeiros da ONG a voar en avión pero cando o seu avión non
puido ir máis rápido empezou a caer. Se non poñían o último motor a máxima
velocidade caerían ao vacío. Entón foi Xesús voando para dicirlles que non
tiñan medo. Montou no avión e o motor se rehabilitou e todos o aclamaron.
Rodrigo Cordero Mariño
Nº3-1ºA E.S.O.